A Xunta promove en Frankfurt durante esta fin de semana a oferta turística galega no marco da Feira Museumsuferfest (Hoxe en Galego)

A Xunta participa naMuseumsuferfest, a festa da beira dos Museos, que ten lugar esta fin de semana en Frankfurt para promover a oferta turística galega. A participación galega consiste nun stand de información turística con dous informadores galegos e actuacións musicais de Sheila Patricia, Susana Seivane e Broken Peach, estos últimos contratados pola OET de Frankfurt.

O Museumsuferfest é a celebración festiva máis importante da cidade, un dos festivais culturais máis relevante de Alemaña e a festa “de rúa” que convoca maior número de visitantes do país, conxuntamente coa Festa da Cervexa de Múnic. A afluencia media dos últimos anos foi de 2.500.000 visitantes con preto dun millón de visitantes por día.

España é o único país que conta con recinto propio composto por unha zona de carpas turísticas informativas, o restaurante do antigo Centro Galego en Frankfurt e un escenario con programación cultural e música en directo. Turismo de Galicia leva participando neste evento dende o primeiro ano da participación de España, no ano 2012.

Durante os días que dura a celebración, os visitantes poden gozar das actuacións musicais nos numerosos escenarios ao longo da beira do río Main, dos postos de venda de comida de moitos recunchos diferentes do planeta e, visitar os máis de 20 museos que dan nome ao evento e que ofrecen exposicións, actividades, horarios e prezos especiais para o Museumsuferfest.

Mercado alemán

Nos primeiros sete meses do ano chegaron a Galicia máis de 81.000 mil turistas procedentes de Alemaña con 130.000 pernoctacións nos establecementos hoteleros galegos, cifras que superan en preto dun 10% os datos do pasado ano.

Tamén cabe destacar a importancia do turismo alemán, que supón o cuarto mercado internacional na chegada de peregrinos.

Hijos de Rivera continúa creciendo con foco en la internacionalización, la innovación y el impacto positivo

Ignacio Rivera, presidente ejecutivo de Corporación Hijos de Rivera, ha compartido esta mañana un encuentro informativo con los medios de comunicación en el que ha trasladado los resultados obtenidos por la compañía en el ejercicio 2024, año de finalización del ciclo estratégico 2022 – 2024 de la compañía, así como sus expectativas de negocio para los próximos años y principales líneas de actuación de la organización.

Aldo Barrios, nuevo Director General de Vinarchy Spain

Aldo Barrios ha sido nombrado Director General de Vinarchy en España. Este nombramiento coincide con el reciente lanzamiento, el pasado 1 de mayo, de Vinarchy,  una de las mayores empresas especializadas en vino del mundo, nacida de la integración de Accolade  Wines y el negocio de vino de Australia, Nueva Zelanda y España de Pernod Ricard. Vinarchy cuenta  con un gran número de marcas de gran prestigio internacional, como Campo Viejo, Jacob’s Creek y  Hardys, así como otras ampliamente reconocidas en el mercado español, entre ellas Azpilicueta,  Alcorta, Ysios y Tarsus.