A Xunta ten aberto ata o vindeiro 29 de setembro o prazo para solicitar diversas liñas de axudas de apoio ao emprego autónomo e emprendemento por 30M€ (Hoxe en Galego)

O prazo de solicitude das principais axudas da Xunta de apoio ao emprego autónomo e ao emprendemento aínda está aberto. Son diversos programas da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que suman un investimento de preto de 30 millóns de euros.

Así, en concreto, ata o vindeiro 29 de setembro poden pedirse os apoios dirixidos a impulsar o inicio de actividade por conta propia (12 millóns); os destinados á consolidación e mellora da competitividade de negocios de persoas traballadoras autónomas que leven polo menos 42 meses de actividade empresarial (8 millóns); as axudas á contratación de ata o terceiro traballador (1,3 millóns); os apoios para favorecer a conciliación (1 millón); e os centrados en impulsar as empresas cualificadas como Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT), que contan cun orzamento de 500.000 euros.

De xeito específico para o emprendemento, ata a mesma data pódese optar ás axudas que con 7 millóns de euros están  dirixidas a pemes, persoas traballadoras autónomas e entidades da economía social, que teñan iniciado a súa actividade desde o 1 de xaneiro de 2021 (ou máis tarde) e permanezan en activo, para cubrir investimentos en equipamento informático, eficiencia enerxética, reformas de locais ou de mobiliario, entre outros, realizados desde o pasado 5 de novembro.

Para a Xunta, os traballadores autónomos e emprendedores son un colectivo prioritario: Galicia é cun 19,96% a primeira comunidade autónoma con maior peso deste colectivo (no Estado representa o 16,07%). Na actualidade, o Goberno autonómico está a deseñar, da man da Mesa do Emprego Autónomo, a Axenda de Impulso ao Emprego Autónomo 2023-2026, que contará cun orzamento superior aos 200 millóns de euros. A Administración galega mantén, deste xeito, un diálogo constante e fluído con este colectivo para atender as necesidades tanto dos que empezan como dos que precisan consolidar a súa actividade económica.

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, ademais, ten en marcha a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego coa que se pretende dinamizar o territorio a través da creación de emprego de calidade e o asentamento da poboación: hai oito en marcha e prevese que a finais de ano estean funcionando quince, cubrindo o 100% do territorio galego. Esta rede, en concreto, está a prestar asesoramento individualizado ás persoas emprendedoras de Galicia en calquera fase que se atope o seu proxecto empresarial, de principio a fin.

Samsung celebra una nueva edición de su Innovation Campus Summit para debatir el futuro de la IA

Samsung Electronics Iberia ha celebrado en Madrid una nueva edición de Samsung Innovation Campus Summit bajo el lema 'AI for a Better World', un encuentro que ha reunido a representantes institucionales, expertos y profesionales para abordar cómo pasar de las posibilidades teóricas de la tecnología a aplicaciones útiles, responsables y capaces de generar un impacto real en la sociedad.