A campaña ‘Galicia Sabe Amar’ promove o consumo de peixe e marisco na área de Vigo

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou hoxe unha das foodtrucks da campaña Galicia Sabe Amar que este xoves está na Alameda da Ramallosa, en Nigrán, e que en días anteriores fixo parada en Baiona.

Esta iniciativa da Xunta percorrerá preto de 260 municipios de toda España vencellados co Camiño de Santiago a través de catro foodtrucks que servirán máis de 200.000 petiscos ás persoas que decidan achegarse a elas.

O Executivo galego busca enxalzar deste xeito a variedade e calidade dos produtos do mar de Galicia así como a gastronomía da comunidade. Nestas paradas os visitantes poden degustar 10 receitas que se elaboran con produtos certificados do mar como o berberecho de Noia, o bonito do norte ou o mexillón de Galicia, xunto con outros da terra con denominación de orixe como as fabas, o mel, os pementos, os queixos, o pan e as patacas.

Deste xeito a campaña de promoción dos produtos do mar de Galicia -posta en marcha en 2021 para, entre outros obxectivos, render homenaxe aos milleiros de profesionais que durante a pandemia traballaron arreo para que nos fogares galegos non faltase un prato de peixe- achegará á cidadanía elaboracións como choco con fabas de Lourenzá, navallas en mollo de pemento de Herbón ou zamburiñas en escabeche con garavanzos.

Así mostrarase a calidade dos produtos pesqueiros galegos e o gran labor que realizan os profesionais dos distintos elos da cadea mar-industria. As persoas interesadas en visitar algunha parada das catro rutas de foodtrucks poden informarse nos perfís de redes sociais da Consellería do Mar onde se actualizan os datos referidos aos distintos percorridos.

Murtra acelera la salida de Telefónica de América Latina y agiliza la teleco en su primer año al mando

El presidente de Telefónica, Marc Murtra, cumplirá este próximo domingo un año como 'primer espada' de la principal teleco española, un periodo marcado por la aceleración del proceso de salida de la compañía de América Latina y por la ejecución de una serie de decisiones para simplificar la empresa e impulsar su crecimiento en un contexto sectorial que apunta hacia un proceso de consolidación en Europa.

LALIGA y AENOR firman un acuerdo para lanzar una certificación de excelencia en canteras de fútbol

LALIGA y AENOR han firmado un acuerdo estratégico para la creación y puesta en marcha de la certificación ‘Excelencia en el Modelo Formativo Integral de Canteras de Fútbol’, un nuevo sello exclusivo que reconocerá a los clubes que alcancen los más altos estándares de calidad, sostenibilidad y desarrollo integral en la formación de jugadores y jugadoras, con especial foco en la protección al menor.