Na reunión púxose de manifesto a necesidade de seguir apostando pola colaboración coas administracións públicas para lograr o maior desenvolvemento do ecosistema industrial e tecnolóxico da nosa Comunidade e fortalecer as competencias das empresas, en especial as pemes industriais, ligadas á transformación dixital.
A Xunta aposta pola innovación e a transformación dixital como garantía da mellora competitiva e do crecemento económico (Hoxe en Galego)
A directora do Igape, Covadonga Toca, mantivo un encontro co equipo directivo de DIHGIGAL, o hub de innovación dixital para a industria de Galicia, no que se avaliou a importancia da innovación e da transformación dixital nas nosas pemes para acadar unha posición de liderado competitivo a nivel global.