Galicia e Castela e León actualizan as súas accións conxuntas de apoio aos cidadáns do exterior e ao retorno (Hoxe en Galego)

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo nas últimas horas co director de Acción Exterior do Goberno de Castela e León, Fernando Rubio Ballestero, co obxectivo de centrar accións conxuntas de apoio ao retorno en ambas comunidades autónomas.

Durante este encontro, analizouse a posibilidade dunha colaboración conxunta neste ámbito, ligada a proxectos emprendedores postos en marcha por cidadáns de ambas comunidades autónomas que aposten polo regreso tanto a Galicia como a Castela e León.

Neste ámbito, tamén se interesou o director xeral de Acción Exterior do Goberno castelanleonés, polo funcionamento da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno posta en marcha pola Xunta de Galicia en 2020 e que ten coma obxectivo informar e axudar aos galegos que desexan volver a Galicia. O obxectivo sería analizar a viabilidade deste mesmo proxecto en Castela e León, de cara a dar orientación xurídica, tributaria e laboral a quen a necesita no seu camiño de regreso a súa terra de orixe.

Co gallo de aumentar a información ás persoas interesadas neste ámbito así como nas axudas a galegos e castelanleoneses no exterior, tamén de decidiu instalar o enlace de cada unha das web dos dous organismos oficiais, de xeito que se poida acceder a elas entrando tanto en https://emigracion.xunta.gal/es/comunidad-gacoma en https://www.jcyl.es/web/es/administracionpublica/ciudadania-castellana-leonesa-exterior.html.

Durante o encontro tamén se puxo sobre a mesa o interese de Castela e León pola iniciativa dos centros galegos promotores do Camiño de Santiago que desenvolve a Xunta de Galicia e que ten coma obxectivo que os centros do exterior poidan converterse en focos de promoción do Camiño, idea que pode ser interesante para a comunidade autónoma veciña dado o peso que para Castela e León ten o Camiño Francés e a Vía da Prata.

Finalmente, Rodríguez Miranda invitou formalmente a Rubio Ballestero ao Consello de Comunidades Galegas que se celebrará en Ourense o 21 e 22 de setembo, emprazando tamén o director de Acción Exterior do Goberno de Castela e León ao secretario xeral da Emigración ao encontro de comunidades castellanoleonesas que se desenvolverá en outubro en Salamanca.

Hijos de Rivera continúa creciendo con foco en la internacionalización, la innovación y el impacto positivo

Ignacio Rivera, presidente ejecutivo de Corporación Hijos de Rivera, ha compartido esta mañana un encuentro informativo con los medios de comunicación en el que ha trasladado los resultados obtenidos por la compañía en el ejercicio 2024, año de finalización del ciclo estratégico 2022 – 2024 de la compañía, así como sus expectativas de negocio para los próximos años y principales líneas de actuación de la organización.

Aldo Barrios, nuevo Director General de Vinarchy Spain

Aldo Barrios ha sido nombrado Director General de Vinarchy en España. Este nombramiento coincide con el reciente lanzamiento, el pasado 1 de mayo, de Vinarchy,  una de las mayores empresas especializadas en vino del mundo, nacida de la integración de Accolade  Wines y el negocio de vino de Australia, Nueva Zelanda y España de Pernod Ricard. Vinarchy cuenta  con un gran número de marcas de gran prestigio internacional, como Campo Viejo, Jacob’s Creek y  Hardys, así como otras ampliamente reconocidas en el mercado español, entre ellas Azpilicueta,  Alcorta, Ysios y Tarsus.