A Xunta abre o prazo para que a mocidade presente as súas obras na nova edición do programa Xuventude Crea (Hoxe en Galego)

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha nova convocatoria do programa Xuventude Crea, destinado a premiar a creatividade da mocidade galega en distintas categorías artísticas. A partir de mañá os mozos terán o prazo dun mes para presentar os seus proxectos a este certame que chega xa á súa XIII edición.

A convocatoria está dirixida a todas as mozas e mozos non profesionais con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos. Os interesados en participar poden inscribirse nalgunha das 14 categorías que ten o certame: creación de videoxogos, novela curta, cociña, teatro, artes plásticas, fotografía, música, poesía, videocreación, banda deseñada, arte urbana, deseño de xoias, moda e danza moderna.

Cada unha destas especialidades contará con tres premios: o primeiro, de 3000 euros; o segundo, de 1500; e o terceiro, de 1000 euros; así como mencións de honra sen dotación económica. Ademais, desde o pasado ano incluíuse un premio especial de 1000 euros para a modalidade de música clásica dentro da especialidade de música. A obra gañadora poderá ser proposta para participar en festivais de música de Galicia así como en eventos de similares.

Como novidade, increméntanse de 6 a 8 as obras que poden chegar á fase final na especialidade de Danza Moderna; e se elimina o número máximo de integrantes dos grupos de creación de Videoxogos, ata agora de 5.

Na especialidade de teatro, ofrecerase aos gañadores a posibilidade de entrar na selección dun programa de formación e mentorizaxe para poñer en marcha unha compañía teatral.

Programa Xuventude Crea
A consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia convoca anualmente desde 2010 o programa Xuventude Crea, un certame de creadores novos que pretende estimular e apoiar a imaxinación, a creatividade e a innovación. Xa levan participado no programa máis de 4.400 mozos e mozas, con 3.254 obras e proxectos creativos, 540 premios repartidos e case 800.000 euros en dotacións económicas.

Xuventude Crea pretende ser un trampolín para mostrar as propostas da mocidade galega ademais de axudar economicamente. As obras e artistas máis recentes de Xuventude Crea poden consultarse no museo web do programa: www.museoxuventudecrea.gal.

Samsung celebra una nueva edición de su Innovation Campus Summit para debatir el futuro de la IA

Samsung Electronics Iberia ha celebrado en Madrid una nueva edición de Samsung Innovation Campus Summit bajo el lema 'AI for a Better World', un encuentro que ha reunido a representantes institucionales, expertos y profesionales para abordar cómo pasar de las posibilidades teóricas de la tecnología a aplicaciones útiles, responsables y capaces de generar un impacto real en la sociedad.