A Xunta colabora na elaboración dunha guía de viaxe cos puntos de maior interese e información turística sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas (Hoxe en Galego)

A Xunta colabora na elaboración e promoción da guía de viaxe Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia. Un mar de ciencia, un mar de illas, unha publicación que ten como obxectivo presentar de xeito atractivo e accesible os lugares de interese natural de cada un dos catro arquipélagos que compoñen o parque: Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.

O manual permitirá ás persoas interesadas descubrir os lugares máis emblemáticos de cada zona, comprender a historia e etnografía do territorio e coñecer a flora e a fauna que habita neles. Así, os visitantes poderán explorar as praias, miradoiros, enclaves naturais e puntos de interese histórico e cultural do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, a través dun relato que vai máis alá de mostrar o seu valor paisaxístico.

Ademais, a publicación conta con mapas detallados de cada unha das rutas e información esencial para preparar a viaxe a cada unha das illas: como chegar, onde pasar a noite ou onde comer. Tamén inclúe indicacións sobre como percorrelas sen impactar nos ecosistemas protexidos.

Esta guía, que recibiu unha das axudas da Xunta para iniciativas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional financiadas con fondos Next Generation, conta coa colaboración do medio de divulgación científica Gciencia, que difundirá contido relacionado co parque no micrositio Illas Atlánticas habilitado no seu portal. Ademais, neste mesmo espazo poñeranse ao dispor dos lectores as diferentes entregas da guía. Este manual, na súa totalidade, será subido proximamente en formato PDF á páxina do Parque Nacional das Illas Atlánticas. 

Por qué es necesario actualizar los sistemas core en el sector de los seguros y la salud

El futuro del sector salud depende de su capacidad para integrar la tecnología en cada decisión, proceso y experiencia del paciente. La modernización de los sistemas core, aquellos que sustentan los procesos más críticos del negocio, se ha convertido en una prioridad para muchas compañías de seguros y salud que buscan avanzar hacia un modelo más eficiente, conectado y centrado en las personas.