En total, a competición contou con 600 participantes que hoxe se deron cita no Salón Nobre do Real Club Náutico de Vigo para a entrega dos 27 premios dunha competición que nesta edición cumpre 60 anos. A 60ª Regata Rías Baixas transcorreu en cinco etapas que permitiron que as embarcacións nas diferentes categorías sucaran as rías de Vigo, Pontevedra e Arousa, cos portos de Vigo, Combarro, Sanxenxo e a Pobra do Caramiñal como referencia.
Neste sentido, o director de Turismo de Galicia, fixo fincapé no apoio que a Xunta lle da a este tipo de competicións deportivas, permiten abrir ás portas da comunidade galega ás competicións náuticas de alto nivel.
“O traballo deste Club ten sido, sen dúbida, fundamental á hora de situar ás Rías Baixas coma un dos epicentros do deporte da vela en España, o cal se transmite tamén ao resto de Galicia e nos beneficia a todos os que estamos implicados na promoción deste deporte como recurso turístico”, asegurou ao tempo que lembrou que moitos participantes descobren as bondades o noso territorio como destino turístico despois de participar nestas competicións, “incluso o Camiño de Santiago, que ten en Vigo un dos seus portos xacobeos”.