O Museumsuferfest é a celebración festiva máis importante da cidade, un dos festivais culturais máis relevante de Alemaña e a festa “de rúa” que convoca maior número de visitantes do país, conxuntamente coa Festa da Cervexa de Múnic. A afluencia media dos últimos anos foi de 2.500.000 visitantes con preto dun millón de visitantes por día.
España é o único país que conta con recinto propio composto por unha zona de carpas turísticas informativas, o restaurante do antigo Centro Galego en Frankfurt e un escenario con programación cultural e música en directo. Turismo de Galicia leva participando neste evento dende o primeiro ano da participación de España, no ano 2012.
Durante os días que dura a celebración, os visitantes poden gozar das actuacións musicais nos numerosos escenarios ao longo da beira do río Main, dos postos de venda de comida de moitos recunchos diferentes do planeta e, visitar os máis de 20 museos que dan nome ao evento e que ofrecen exposicións, actividades, horarios e prezos especiais para o Museumsuferfest.
Mercado alemán
Nos primeiros sete meses do ano chegaron a Galicia máis de 81.000 mil turistas procedentes de Alemaña con 130.000 pernoctacións nos establecementos hoteleros galegos, cifras que superan en preto dun 10% os datos do pasado ano.
Tamén cabe destacar a importancia do turismo alemán, que supón o cuarto mercado internacional na chegada de peregrinos.
Tu opinión enriquece este artículo: