153 establecementos turísticos galegos benefícianse da orde de axudas para actuacións de mellora nos establecementos de aloxamento e restauración galegos

Melloras de accesibilidade, reforma das instalacións eléctricas, sanitarias e de illamento así como actuacións de renovación na seguridade, na modernización e na dixitalización dos servizos son algunhas das actuacións que Turismo de Galicia está a subvencionar a través da súa liña de axudas orientada a establecementos hoteleiros e de restauración. Este ano, o orzamento desta liña de axudas incrementouse nun 75% respecto do ano pasado, o que permitiu que un total de 153 establecementos galegos se poidan beneficiar destas axudas.

“O obxectivo principal destas axudas é incentivar a mellora das instalacións e infraestruturas destes establecementos co fin de consolidar unha oferta turística de calidade, xa que o sector turístico ten un gran valor estratéxico na economía galega”, explicou o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, durante a visita que esta mañá fixo a un dos establecementos beneficiarios desta axuda, o hotel-pensión 25 de Julio, en Santiago de Compostela.
 
Este establecemento beneficiouse este ano dunha axuda de algo máis de 40.000€ que lle permitirá acometer traballos de rehabilitación das habitacións, modernizando as instalacións e adaptando baños e mobiliario, ás novas necesidades dos viaxeiros.
 
Establecementos beneficiarios
 
Ao abeiro desta axuda levaranse adiante proxectos en 109 establecementos hoteleiros (campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos e albergues turísticos) por importe de algo máis de 2,6M€ mentres que no ámbito dos establecementos de restauración aprobáronse un total de 44 solicitudes por importe de case 780.000€.

Os proxectos acadaron unha subvención de ata o 50% e o importe máximo da axuda a cada entidade beneficiaria será de 50.000 euros, puidendo executarse obras por importe de ata 100.000€, que deberá estar executada e xustificado neste ano.

Tu opinión enriquece este artículo:

Tesla Roadster: así es el nuevo coche volador, precio y características

Tesla ha presentado el Roadster, su modelo deportivo tan esperado que incorpora tecnología desarrollada junto a SpaceX y que ha protagonizado una demostración en la que ha sido capaz de elevarse del suelo, realizar maniobras aéreas y aterrizar de forma controlada, además de tener unas prestaciones hasta ahora no vistas en un modelo eléctrico.

Carrefour, Grupo Inditex y El Corte Inglés encabezan el ranking de las 50 empresas mejor valoradas en InfoJobs Awards 2026

InfoJobs ha celebrado la V edición de los InfoJobs Awards, bajo el lema “Cocinando el mejor talento”. Estos premios reconocen a las 50 empresas mejor valoradas por sus equipos. En esta ocasión, la gastronomía se convierte en el hilo conductor de una experiencia que pone en valor el papel de las personas, la colaboración y el trabajo en equipo como los ingredientes esenciales del éxito de las organizaciones. 

Éste sitio web usa cookies, si permanece aquí acepta su uso. Puede leer más sobre el uso de cookies en nuestra política de cookies.