Lete lasa destaca a capitalidade de Baiona nos éxitos da vela galega na presentación do trofeo Príncipe de Asturias

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na presentación do 38º Trofeo Príncipe de Asturias que tamén porá en liza a 27ª Gestilar Ladies Cup, o Trofeo Presidente Xunta e o Trofeo Conde de Barcelona cunha totalidade de 80 barcos competindo de oito clases diferentes do 1 ao 3 de setembro. O Trofeo Príncipe de Asturias conta co apoio da Xunta de Galicia e destacará polos trinta J80 de diferentes partes de España no que será un preámbulo para o Mundial de J80 que terá lugar en setembro en Baiona.

Nas súas verbas, o mandatario galego destacou a grande importancia de Baiona na vela galega e internacional, primeiro, coa chegada da Pinta coa noticia do descubrimento de América en 1492; más tarde coa importancia concedida por Felipe II pola súa fortaleza naval e marítima; e por último, por ser berce de grandes deportistas como Jorge Maciel, que foi o primeiro regatista galego en estar presente en dúas citas olímpicas: Atlanta 96 e Sidney 00.

Lete Lasa destacou a importancia dunha proba que xa vai pola súa trixésimo oitava edición dende 1986 e que, organizada polo Monte Real Club de Yates de Baiona e a Escola Naval de Marín, tomou este nome pola estadía naquel ano do herdeiro á coroa Felipe de Borbón na Escola Naval e que participou na regata nos anos 19886, 1987, 1988, 1991, 1998 e 2005, gañando o trofeo na edición de 1998.

O secretario xeral para o Deporte gabou o nivel da vela galega que conta con once deportistas que competiron nuns Xogos Olímpicos e destacou a importancia nestes éxitos de eventos como o Trofeo Príncipe de Asturias que se conciben como competicións para todos e para todas. Deste xeito destacou a vixésimo sétima edición da Gestilar Ladies Cup, na que participarán seis embarcacións femininas de distintos puntos de España ou a participación dunha embarcación da Asociación galega contra as enfermidades neuromusculares, co obxectivo de abrir á competición á navegación adaptada como leva facendo o MRCYB mediante actividades para persoas con diversas discapacidades físicas, cognitivas e sensoriais, así como para nenos con dificultades conductuais ou mulleres que sufriron violencia de xénero, grazas a un convenio coa Xunta de Galicia.

Tu opinión enriquece este artículo:

RibéSalat y APD analizan las claves del talento senior frente al relevo generacional directivo

RibéSalat junto con la Asociación para el Progreso de la Dirección (APD) ha celebrado en Madrid el encuentro “El futuro del talento senior. Estrategias para el relevo generacional en la alta dirección”, una jornada dirigida a directores de Recursos Humanos para analizar los retos que plantea la gestión del liderazgo en un contexto de cambio demográfico y transformación empresarial. 

Éste sitio web usa cookies, si permanece aquí acepta su uso. Puede leer más sobre el uso de cookies en nuestra política de cookies.