A orixe do samain: A festa celta que deu lugar a Halloween

O Samaín foi a orixe de todo. Esta celebración milenaria ten lugar cada ano, durante a noite que vai do 31 de outubro ao 1 de novembro, é unha desas datas nas que se conta que é máis fácil transitar entre dous mundos: o dos vivos e o dos mortos.

En gaélico, Samhain significa «fin do verán», pois os antigos celtas celebrábano nese momento de transición do estío ao inverno. O Samaín configuraba o Ano Novo celta.


O Samaín chegou a Estados Unidos durante os séculos XVIII e XIX, por mor dos numerosos emigrantes escoceses e irlandeses que partiron cara a América, levando con eles a súa cultura e tradición. De aí provén o nome actual de Halloween, pois tal denominación ten a súa orixe no termo All Hallows Eve, a vixilia que se celebraba a noite anterior ao Día de Defuntos.

As culturas entón mesturáronse e incluíuse nesta celebración a lenda negra de Stingy Jack, un irlandés que a noite dun 31 de outubro cóntase que se tropezou co mesmo Diaño, e a quen terminaría coñecéndose como Jack O Lantern. Ese mesmo termo acabou utilizándose como nome común para referirse ás cabazas que se decoran en Halloween.


Autor : Patronato da Cultura Galega

Tu opinión enriquece este artículo:

Éste sitio web usa cookies, si permanece aquí acepta su uso. Puede leer más sobre el uso de cookies en nuestra política de cookies.