A Xunta destaca o intenso labor de Santiago Llovo a prol da difusión e posta en valor do patrimonio marítimo galego
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participou hoxe na presentación do libro A salga no fin do camiño. As fábricas de Fisterra, no que Santiago Llovo cataloga as plantas de salgadura das que quedan vestixios na zona co obxectivo de preservalos e poñelos en valor. O representante da Consellería do Mar enxalzou o intenso labor deste historiador-escritor para afondar nas orixes da actividade industrial marítimo-pesqueira dos distintos puntos do litoral de Galicia, unha actividade iniciada cos empresarios cataláns que impulsaron a salga da sardiña converténdose en precursores do que agora é a industria de transformación de produtos do mar da comunidade.