Rueda destaca que a Xunta ofrecerá o vindeiro curso bolsas para cursar FP Dual a galegos do exterior co obxectivo de promover o seu retorno á comunidade (Hoxe en Galego)
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou hoxe que a Xunta ofrecerá o vindeiro curso por primeira vez bolsas para que galegos do exterior regresen a Galicia para estudar un ciclo de FP Dual. Esta iniciativa, pola que recibirán axudas 60 estudantes, forma parte da Estratexia Galicia Retorna coa que o Goberno galego quere promover o retorno de 30.000 galegos que viven fóra da comunidade ata 2026.